Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”

Novembro 8, 2011 at 1:09 pm Deixar un comentario

ACSUR LAS SEGOVIAS organiza, en colaboración co Programa Ada Integra, un Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”.

Día 16 de novembro, mércores
Ás 17-19 horas no CIM.
Actividade gratuíta e aberta a todo o público

cartaz economia social

Obxectivo: quérese concienciar as persoas consumidoras, sobre o seu papel como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer as distintas prácticas de consumo que buscan promover o desenvolvemento das sociedades de xeito mais xusto e equilibrado.

O proxecto, na sua primeira parte, consistiu na elaboración participativa de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas no noso territorio. A segunda parte deste proxecto consiste en levar adiante unha campaña educativa sobre alternativas da economía solidaria a través da difusión destas curtas en vídeo-forums.

O video-forum presenta dúas curtas :”Minar” e “Sempre foron cinco”
“Minar” (12 minutos) Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.
http://vimeo.com/23308600

“Sempre foron cinco” (15 minutos) Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

Calquera persoa interesada en participar ten que chamar ou pasar polo CIM e preguntar por Natalia. 981 184 356
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com

http://proxectoada.wordpress.com/

Entrada arquivada en: Eventos. Etiquetas: .

CONTACONTOS JORNADAS DE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE GÉNERO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribirme aos comentarios mediante feed RSS


Categorías


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.