RUTAS POLA CIDADE III: CASA PICASSO
Decembro 5, 2011 at 10:00 am Deixar un comentario
O día 15 de decembro ás 17.30 imos facer unha visita guiada á casa de Picasso, na que todas as mulleres interesadas poderán acudir.
Considerado un dos maiores artistas do século XX, Pablo Ruiz Picasso (1881-1973), participou dende a xénesis en moitos movementos artísticos que propagáronse polo mundo e exerceron unha gran influencia noutros grandes artistas do seu tempo. Incansable e prolífico, pintou mais de dous mil obras, presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo. Ademais, abordou outros xéneros como o debuxo, o grabado, a ilustración de libros, a escultura, a cerámica e o deseño de escenografía e vestiario para montaxes teatrais.
APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es
Entrada arquivada en: Actividades ADA. Etiquetas: .
Trackback this post | Subscribirme aos comentarios mediante feed RSS