Ven a FESTA FIN PROGRAMA ADA 2011!!!

O xoves, día 29 de decembro de 17 a 20 horas, no Centro de Información ás mulleres, o programa Ada vai a organizar unha FESTA FIN DE ADA 2011, na que queremos contar con TODAS as mulleres que participáchedes durante estes meses nas actividades de ADA cos/coas vosos/vosas fillos e fillas; así como outras mulleres que queiran pasar un rato divertido e lúdico con todas nós.

Ven acompañada das/os túas/teus fillas/os. Se te apetece, podes preparar algunha actividade para compartir con todas nós:
Un baile
unha canción
un conto do teu lugar, concello ou país de orixe

Contaremos cun espazo intercultural de encontro con comida, bebida, música, xogos infantís e tamén xogos para as adultas.


Non fai falla nada máis, sólo que veñas e , se queres, traias a alguén máis contigo e que te apuntes (INDICÁNDONOS CANTAS PERSOAS SODES, AS SÚAS IDADES) no seguinte teléfono ou mail.

CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com

https://proxectoada.wordpress.com/

Advertisements

Decembro 20, 2011 at 10:22 am Deixar un comentario

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE

cartaz SEXUALIDADE

OBXECTIVOS:

– Achegar, visibilizar e normalizar a sexualidade, fundamentalmente a sexualidade femenina rompendo mitos, tabúes e prexuizos establecidos, para favorecer o pracer, o autocoñecemento e a mellora da nosa vida sexual.

– Coñecer o mundo da sexualidade, desde o punto de vista emocional e afectivo.

– Crear un espazo educativo, lúdico e o máis distendido e divertido posible.

– Fomentar o coñecemento de hábitos de vida saudable: mellora da nosa autoestima.

– Reflexionar sobre a necesidade de descoitalizar e desxenitalizar as nosas prácticas sexuais.

CONTIDOS:

– A importancia do autocoñecemento.

– A necesidade de priorizar o noso pracer.

– Aprendendo a desxenitalizar e descoitalizar as nosas relacións sexuais: a importancia da nosa pel e do cerebro.

– Coidamos da nosa saúde sexual: lubricantes, bolas chicas, mooncup, dams, preservativo feminino.

DINAMIZA: Asesora de Los Placeres de Lola
PREVIA INSCRICIÓN: 981 1843 56 ou proxectoada@gmail.com

Decembro 15, 2011 at 1:36 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE III: CASA PICASSO

O día 15 de decembro ás 17.30 imos facer unha visita guiada á casa de Picasso, na que todas as mulleres interesadas poderán acudir.

Considerado un dos maiores artistas do século XX, Pablo Ruiz Picasso (1881-1973), participou dende a xénesis en moitos movementos artísticos que propagáronse polo mundo e exerceron unha gran influencia noutros grandes artistas do seu tempo. Incansable e prolífico, pintou mais de dous mil obras, presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo. Ademais, abordou outros xéneros como o debuxo, o grabado, a ilustración de libros, a escultura, a cerámica e o deseño de escenografía e vestiario para montaxes teatrais.

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Decembro 5, 2011 at 10:00 am Deixar un comentario

Xornadas Educación e Violencia de Xénero: Boas prácticas para a súa erradicación

Cartaz_91111[1]

O Programa Ada vai participar nas Xornadas Educación e Violencia de Xénero: Boas prácticas para a súa erradicación, que se celebrarán na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña o vindeiro mércores 30 de novembro.

As xornadas están organizadas polo grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras do Ceesg (Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia), que convida a todas as persoas interesadas a participar na xornada

A xornada será inaugurada ás 16:15 por Ana Iglesias Galdo da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e por Sofía Riveiro Olveira (Presidenta do Ceesg).

Ás 16:30 realizarase un espazo de “Conversas feministas contra a violencia de xénero” coa participación de Lola Ferreiro e Eva Moldes.

A “Mesa debate: Boas prácticas dende a educación na loita contra a violencia de xénero” dará comezo ás 18:30 e finalmente, como acto de peche, haberá a proxección dunha curtametraxe.

No caso de que queirades participar, e por cuestións relativas á organización e xestión de espazos, agradecemos que confirmedes a asistencia antes do luns 28 de novembro no seguinte enderezo electrónico: fiadeiras@ceesg.org, facendo constar o teu nome e apelidos; o teu perfil profesional e un mail de contacto.

Novembro 23, 2011 at 1:29 pm Deixar un comentario

DECORA A NAVIDADE

Dende o Proxecto Ada Integra II imos levar a cabo un obradoiro de decoración navideña para todos @s nen@s que queiran facer adornos para a árbore navideña.
Invitamos a todos os que lles apeteza e que teñan entre 4 e 10 anos, a vir o día 22 de decembro a partir das 17.30.

Apúntaos no CIM
Hortensias s/n
981184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Novembro 17, 2011 at 9:35 am Deixar un comentario

Xornada IGUALDADE, INTERCULTURALIDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

OBRADOIRO DE FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN
IGUALDADE, INTERCULTURALIDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO
22 de novembro de 2011

•Obxectivos:

oCrear un espazo de formación especializada onde o persoal técnico poda compartir as súas experiencias e inquedanzas sobre a intervención con mulleres migrantes, desde a perspectiva do xénero e a interculturalidade.
oAdquirir os coñecementos necesarios para o análise e a abordaxe profesional da intervención con mulleres migrantes: identificación de necesidades, intervención…
oCoñecer prácticas, estratexias e ferramentas creativas para a intervención integral con mulleres migrantes.

•Estrutura do obradoiro:

oXornada de mañá
10.00 -14.00. Obradoiro formativo: Claves para traballar coas mulleres migrantes desde a perspectiva de xénero

oXornada de tarde
18,00 -21,00. selección de curtametraxes ACSUR Las Segovias.

•Contidos do curso:

o Sesgos,estereotipos e ideas preconcebidas sobre as mulleres migrantes.
o O acollemento das mulleres migrantes nos nosos servizos.
o A intervención con perspectiva de xénero.
o Seguemento e avaliación das intervencións realizadas.
o Mecanismos de coordinación entre entidades: o traballo interdisciplinar.

•Metodoloxía de traballo:
As metodoloxías participativas que utilizaremos no obradoiro favorecerán o traballo grupal de aspectos de interese profesional e sociocomunitario para o persoal técnico participante, en relación ao seu traballo directo con mulleres migrantes.

Durante o desenvolvemento do obradoiro farase uso da ferramenta “Guía para traballar coas mulleres migrantes desde a perspectiva de xénero”, elaborada no programa ADA do ano pasado.

•Destinatarias:

A xornada de mañá estará dirixida ao persoal técnico municipal do Concello de A Coruña, persoal técnico dos CIM da comarca de A Coruña, persoal técnico de ONG´s.

A xornada de tarde estará aberta a todo o público.

•Inscrición Gratuita ata o 18 de novembro en:

Programa Ada Integra II. CIM A Coruña. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es

Novembro 15, 2011 at 12:31 pm Deixar un comentario

JORNADAS DE PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN EN MATERIA DE VIOLENCIA DE GÉNERO

Organiza: CIM A CORUÑA
Día: miércoles, 23 de noviembre · 9:00 – 20:00
Lugar: Auditorio de la sede Fundación Caixa Galicia
Cantón Grande 21 -24

Jornada de mañana (destinada a personas relacionadas profesionalmente con el tema)
9.00 h Inauguración de la jornada

9.30 – 11.00 h Mesa redonda: “las víctimas, sujetos de atención preferente por el derecho penal: mujeres y menores víctimas de violencia de género”
D. Fernando Martínez Quiroga, fiscal coordinador de violencia contra la mujer
… D. Francisco Ferreiro Vázquez, secretario del juzgado de violencia contra la mujer de Coruña
Dª. María Digna Braña Iglesias, abogada y directora de la Escuela de Práctica Jurídica “Decano Iglesias Corral” del Ilustre Colegio de Abogados de A Coruña

11.00 – 11.30 h Pausa – café

11.30 – 12.30 h “la valoración forense integral en violencia de género: la intervención pericial con menores”
Dª.Irina Reiriz Martínez Psicóloga del IMELGA (Instituto de medicina legal de Galicia)

12.30 – 14.00 h “la intervención con menores víctimas de violencia de género”
Dª.Mónica Permuy López. Directora General de Fundación Meniños

Jornada de tarde (abierta al público en general)
17.00 – 18.30 “en la violencia de género no hay una sola víctima”
Dª. Liliana Orjuela López, coordinadora de derechos de la infancia, de Save the Children

18.30 – 19.30 h “educar para la igualdad, educar desde la diferencia: ni víctimas ni verdugos”:
D. Carlos Lomas García, doctor en filología hispánica, catedrático de educación secundaria, escritor y autor de los libros “los chicos también lloran” y “¿el otoño del patriarcado?. Luces y sombras de la igualdad entre mujeres y hombres”

19.30 h Representación de danza contemporánea a cargo de alumnado del Conservatorio de
danza de A Coruña

20.00 h Clausura de la jornada

Se hará entrega de diploma acreditativo de la jornada a aquellas personas que asistan a su totalidad

Más información llamando al teléfono 981 18.43.56

Novembro 9, 2011 at 11:44 am Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías