VOLTAMOS A ENREDARNOS!

Setembro 15, 2009 at 8:37 am Deixar un comentario

Estamos de volta!.
O Espazo Intercultural ADA iniciou as súas actividades en agosto do 2008. Foi unha maravillosa experiencia na que mulleres inmigrantes e autóctonas compartimos espazo e tempo para formarnos, informarnos, relacionarnos, relaxarnos e divertirnos nas diversas actividades que densenvolvemos no ano 2008.
A partir de septembro retomamos as actividades no Centro Municipal da Muller.
Estamos a preparar novos cursos de informática, ofimática e internet, para os que xa podes incribirte si estás interesada. Contaremos cun espazo para desenvolver actividades para o noso benestar físico e mental (ximnasia, bailes, relaxación…). Este ano contaremos cun servizo de atención á infancia para que os teus fillos e fillas estén atendidos mentres ti participas das actividades que te interesen. Ademáis, estamos xa preparadas para atenderte e orientarte en temas sociais, laborais, educativos, etc.
Xa sabedes que o Espazo ADA é un lugar de encontro, de participación e, polo tanto, aberto as propostas e necesidades das mulleres que lle dan vida. TE ESPERAMOS!!

Non tes más que chamar ó Centro Municipal da Muller para informarte das actividades e participar. Todas as actividades son gratuitas.
Teléfono 981184356

Entry filed under: Actividades ADA.

Finalizamos el taller de Gimnasia Cubana De novo, En-RED-ADAS!!

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías