Archive for Xullo, 2010

OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Os días 31 de agosto e 2, 7 e 9 de setembro, dentro do Espazo Ada Integra, organizamos un OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO.

O Obradoiro vai dirixido a todas aquelas mulleres que estades a buscar traballo e vos interesa coñecer ferramentas, habilidades, estratexias, recursos necesarios para ter éxito nesa busca, así como compartir experiencias e coñecementos con outras mulleres que tamén están a realizar ese traballo de buscar traballo.

DÍAS: 31 DE AGOSTO, 2, 7 E 9 DE SETEMBRO.

HORARIOS: martes e xoves de 9,30 a 12,30.

LUGAR: CENTRO MUNICIPAL DA MULLER (Zona Monelos)

Podedes facer a inscrición, ata o 27 de agosto no propio Centro Municipal da Muller (Rúa Hortensias, s/n) ou no teléfono 981 18 43 56.

Advertisements

Xullo 28, 2010 at 8:58 am Deixar un comentario

Clases de KUNDALINI IOGA

O mércores 28 de xullo comezamos as clases de Kundalini Ioga con MIRA KAUR.
As sesións impartiranse todos os mércores de 6 a 7 da tarde no Centro municipal da muller.
Coméntallo a outras mulleres que lles apeteza compartir este espazo de mulleres e anotádevos antes do mércores 28 de xullo no propio centro ou chamando ao teléfono 981 18 43 56. Tamén podes enviarnos un mail ao proxectoada@gmail.com

Xullo 19, 2010 at 10:28 am 1 comentario

APÚNTATE NOS NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA !!!


EN SETEMBRO, ORGANIZAMOS NOVOS CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS:

INFORMÁTICA BÁSICA
OFIMÁTICA
INTERNET

Se queres recibir máis información sobre os horarios e anotarte contacta no 981 18 43 56, pregunta por Natalia.

Xullo 19, 2010 at 10:06 am Deixar un comentario

Curso: Xénero, Migración e Desenvolvemento

“CURSO DE VERAN: XÉNERO, MIGRACIÓN E DESENVOLVEMENTO”
http://esomi.es/
Actividade vencellada ao Programa do “Máster Universitario Oficial en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural”, da Universidade da Coruña

MATRICULA
Comunidade Universitaria: 15€
Público Xeral: 20€
(concederase certificado de asistencia as persoas inscritas)

DATAS E HORARIO
VENRES 16 DE XULLO DE 2010: (9.30-14.00 h e de 16.00-20.30 h)
SÁBADO 17 DE XULLO DE 2010 : (09.30-13.00 h)

LUGAR DE CELEBRACIÓN: FACULTADE DE SOCIOLOXÍA.
UNIVERSIDADE DA CORUÑA, CAMPUS DE ELVIÑA.

Xullo 14, 2010 at 6:44 am Deixar un comentario

De novo, En-RED-ADAS!!

BENVIDAS DE NOVO A TODAS!!!

O Espazo Intercultural ADA retoma as actividades no Centro de Información á Muller coa posta en marcha de cursos de formación en novas tecnoloxías.

Nestes momentos, están en marcha 3 cursos de informática e estamos preparando novas actividades socioculturais: risa, ioga, visitas, concertos, paseos, charlas, obradoiros…

Durante as actividades, contaremos co servizo de Canguraxe Municipal para que as túas fillas e fillos estén atendidos e divertíndose mentres ti participas.

Ademáis, poderemos informarte, asesorarte e orientarte en temas sociais, laborais, educativos, xurídicos e psicolóxicos.

O Espazo ADA é un lugar de encontro e de participación no que TODAS AS MULLERES temos cabida.

ANÍMATE!!!
Chama ó Centro Municipal da Muller para informarte das actividades e participar. Todas as actividades son gratuitas.
Teléfono 981184356

Xullo 13, 2010 at 4:08 pm Deixar un comentario