Archive for Outubro, 2010

Curso de Inglés

Queres aprender INGLÉS con nós!!!!!
Vocabulario, Conversación, Atención ao público, desenvolverme nas miñas viaxes…

Para todas as mulleres que quieran APRENDER INGLÉS, PASANDO UN RATO DIVERTIDO con todas nós:

OS MÉRCORES DE 5 A 6 DA TARDE NO CIM

Outubro 22, 2010 at 7:46 am 1 comentario

CLUBE DE COSTURA

Se algunha de vós leíu a novela de María Reimondez ” O clube da calceta” enténderá perfectamente cales son os obxectivos que queremos conseguir desde o Proxecto Ada Integra coa posta en marcha dunha actividade con estas características.

Para aquelas persoas que todavía non líchedes esta novela, animarvos a lela, en primeiro lugar e despois dicirvos que, este Clube de Costura pretende convertirse nun espazo de mulleres no que participar, relacionarnos e crear redes con outras mulleres, a través dunha actividade como a costura: bastillas, corte e confección básico, deseño de disfraces para o entroido, cortinas, calceta…

Reunímonos todos os MARTES de 11 a 12 da mañá e os XOVES de 5 a 6 da tarde no ESPAZO INTERCULTURAL ADA, e ainda que xa comezamos o pasado xoves 14 DE OUTUBRO, SE ESTÁS INTERESADA EN PARTICIPAR PODEMOS FACERTE UN OCO. Anímate

Pincha aquí para ver o cartaz da actividade:
CARTAZ costura!!!

Outubro 19, 2010 at 8:18 am Deixar un comentario


Categorías