Archive for Novembro, 2010

Aquí, deixámosvos unhas fotos da Actividade “Contigo, me rio”



Novembro 8, 2010 at 9:19 am Deixar un comentario

Caminatas EN-RED-ADAS

Por fin vamos a poñernos en marcha!!!

O proxecto ADA INTEGRA continua coas súas actividades. Durante os meses de novembro e decembro vamos a poñer en marcha as CAMINATAS EN-RED-ADAS, paseos para coñecer diferentes espazos da nosa cidade, para participar, relacionarnos, facer exercicio físico e crear redes de mulleres:

RUTA 1: MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO ÁS 4,30 H: Saída da Igrexa das Esclavas (paseo marítimo)- Visita gratuita Aquarium Finisterrae- Volta ao punto de partida.

RUTA 2: XOVES 11 DE NOVEMBRO ÁS 10 H: Saída da Torre de Hércules – Visita gratuita Domus- Igrexa das Esclavas (paseo marítimo).

RUTA 3: SÁBADO 13 DE NOVEMBRO ÁS 10 H: Saída da Praza das Conchiñas (Agra do Orzán)- Visita gratuita Casa das Ciencias e Parque de Santa Margarida- Volta.

RUTA 4: LUNS 15 DE NOVEMBRO ÁS 4,30 H. Saída da Igrexa das Esclavas – Paseo marítimo- Portiño- Volta.

RUTA 5: MARTES 23 DE NOVEMBRO ÁS 4,30 H. Saída Rotonda “Pavo Real”(Los Rosales) –Visita Monte de San Pedro – Volta.

RUTA 6: MÉRCORES 1 DE DECEMBRO ÁS 4,30 H. Saída Urb. Santa Gemma (parada de bus)- Paseo do Burgo- Temple- Volta

RUTA 7: XOVES 9 DE DECEMBRO ÁS 4,30 H. Saída La Fábrica (Sta. Cristina)- Bastiagueiro- Castelo de Sta. Cruz- Volta.

Para participar tes que poñerte en contacto con Natalia neste mesmo mail ou chamando ao 981 1843 56

Animádevos todas… MOITOS BICOS!!

Novembro 5, 2010 at 12:01 pm Deixar un comentario

II Mostra de Cine África 2010. 4,5,6 de novembro na Fundación Caixa Galicia

http://www.cineafrica.es/index.php

Despois do éxito e repercusión da I Mostra de Cine África, este ano impúlsase novamente a través da Deputación da Coruña, co apoio de Casa África e o Festival de Cine Africano esta II Mostra de Cine África 2010, renovando non só a carteleira de películas senón contando tamén coa participación do Director dun dos films, Malam Saguirou de Nixer.

Ábrese así por segunda vez unha xanela ao continente veciño, dende a perspectiva dos seus propios protagonistas: as africanas e africanos, utilizando ó cine como ferramenta para a difusión da propia concepción da realidade africana. Afonda pola vía dos feitos e das percepcións, en como as persoas que viven neste continente enfrontan as súas vidas, a súa loita cotiá, os desafíos e esforzos tanto individuais como colectivos, dentro da diversidade que supón a vida nun continente enteiro, con culturas, linguas, crenzas e organizacións sociais diferentes. Xa que logo, tendo en conta que un dos obxectivos fundamentais do Festival de Cine Africano é Cinenómada, preténdese con esta iniciativa dar a coñecer parte da produción fílmica do continente africano ao maior número de espectadores posible.

Novembro 3, 2010 at 12:53 pm Deixar un comentario

VIII XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INMIGRACIÓN, INTERCULTURALIDADE E COOPERACIÓN da UDC

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/11/03/0003_8825081.htm

Como todos os anos a Universidade de A Coruña, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado organiza as VIII XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INMIGRACIÓN, INTERCULTURALIDADE E COOPERACIÓN.

Este ano teñen un enfoque claramente distinto; se ben seguen sen perder o seu enfoque sensibilizador de achegamento ó traballo con este colectivo, este ano o seu fío condutor será a situación de crise económica. Así, o primeiro día, o día 2 esperamos contar coa participación de persoal técnico de diferentes organizacións, que á súa vez traballan en diferente ámbitos: Proxecto ADA, Cruz Vermella, Cáritas, Radio Ecca, Accem, Ecos do Sur, etc., amosando aos e ás participantes, a modo de super-mesa redonda, unha imaxe clara do que está a significar esta crise na pel dun e dunha inmigrante, así como tamén do crecente proceso de burnout que se está a producir nos/as profesionais que traballan con eles e elas.

Este ano ademais, as xornadas levan abordarán dous aspectos moi específicos durante o día 3, as remesas onde contaremos coa participación de Íñigo Moré, director de remesas.org, ou do codesenvolvemento, onde, ademais de coñecer experiencias concretas (REMCODE, con Farid El Mouichniou o traballo da investigadora Viviana Cárdenas sobre codesenvolvemento interuniveristario), teremos a oportunidade de escoitar un bis a bis entre Carlos Gómez Gil autor de múltiples publicacións sobre codensenvolvemento e cooperación descentarlizada, e J. Carlos Gimeno, especialista en Antropoloxía do Desenvolvemento, o que nos permitira escoitar unha interesante revisión do (Co) desenvolvemento que servirá para abrir mentes

Para máis información podes seguir este enlace:
http://www.extension.udc.es/ga/layout/set/detail/cooperacion/novidades/viii_xornadas_de_sensibilizacion_sobre_inmigracion_interculturalidade_e_cooperacion

Novembro 2, 2010 at 9:22 am Deixar un comentario

Clube de Emprego Ada

Se queres DESEÑAR OU ACTUALIZAR O TEU CURRÍCULUM, BUSCAR EMPREGO A TRAVÉS DE INTERNET, INFORMARTE DE OFERTAS DE TRABALLO, INTERCAMBIAR IDEAS CON OUTRAS MULLERES SOBRE ONDE ATOPAR TRABALLO E AS ESTRATEXIAS DE BUSCA QUE UTILIZAS…

Pásate polo Clube de emprego Ada os xoves de 11 a 13 horas.

Se queres ver o cartaz do Clube pincha aquí abaixo:
CARTAZ CLUBE DE EMPREGO

Novembro 2, 2010 at 9:04 am Deixar un comentario


Categorías