Archive for Setembro, 2011

Acudimos ao Ciclo de Cine “Elas tras a cámara”

Hoxe, 26 de setembro e os vindeiros luns 10, 17 e 24 de outubro, na sesión das 6 da tarde, un grupo de mulleres participantes no Programa Ada nos vamos ao Ciclo de Cine ” Elas tras a Cámara” organizado pola Fundación Caixa Galicia.

Estas son as películas seleccionadas:
26 de setembro: A voda do monzón
10 de outubro: Cosas que nunca che dixen
17 de outubro: Para que non me esquezas
24 de outubro: María Antonieta

Todas as mulleres que estedes interesadas en vir con nós só tedes que facérnolo saber, unha semana anrtes da proxección, chamando ao 981 18 43 56 ou a través de mail proxectoada@gmail.com.

Advertisements

Setembro 26, 2011 at 12:42 pm 1 comentario

CURSO INTERNET: BUSCA DE RECURSOS E REDES SOCIAIS ” Rompendo a brecha dixital de xénero”

O Programa Ada Integra II comeza de novo a camiñar coa posta en marcha dunha actividade formativa que pode ser do teu interese. Trátase dun Curso para a busca de recursos a través de internet e de acceso ás redes sociais.o

Os obxectivos do curso son os seguintes:
– Asegurar que as mulleres teñan igual acceso ás NTICS e contribuir ao seu pleno potencial.
– Traballar coas mulleres o acceso ás novas tecnoloxías desde a perspectiva de xénero, favorecendo un maior acceso a información sobre dereitos, axudas, recursos sociais, laborais, culturais, educativos…
– Favorecer un espazo para coñecer, compartir e crear redes con outras mulleres.

Traballaremos cuestións como:
•Rompendo coa brecha dixital de xénero: beneficios do acceso a Internet para as mulleres.
•Navegación en internet.
•Creación de enderezo electrónico. Axendas e Compartir documentos
•Xestións e trámites on-line: renovación da tarjeta do INEM, citas médicas, Informe vida laboral, billetes de avión, cita renovación DNI ou pasaporte, cita renovación autorización de extranjería, entradas cine e teatro, banca electrónica…
•Busca de recursos: Asesoramento inmigración on-line, asociacións, educación, vivenda…
•Portales de busca de emprego on -line
•Cursos de Formación on-line
•Compras on-line
•Comunicación con familiares. Mensaxería: Skype
•Redes sociais: Facebook

Dirixido a mulleres migrantes con nivel de coñecemento de internet baixo.
•Datas e duración:
O curso será os días 20, 22, 27 e 29 de setembro. En 2 quendas; de mañá de 10,30 a 12,30 e de tarde de 16,30 a 18,30 horas.

•SE ESTÁS INTERESADA PODES FACER A Inscrición Gratuita ata o 16 de setembro en:
Programa Ada Integra II. CIM A Coruña. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es

Setembro 12, 2011 at 8:50 am 14 comentarios

XA ESTÁ ABERTA A AULA DE INFORMÁTICA DO CIM!

PARA QUE PODES USALA?
•Xestións e trámites on-line
•Busca de recursos
•Formación on-line
•Busca de emprego
•Pedir citas médicas
•Comunicación con familiares
•Redes sociais

HORARIO: de luns a venres de 10 a 13 horas e os mércores pola tarde de 17 a 18,30 horas.

ONDE ESTÁ O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM)?
Barrio das Flores. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com

Setembro 12, 2011 at 8:46 am Deixar un comentario

Ada regresa no 2011!!

Estamos de volta no Ada Integra II, en breve teredes novas nosas. Saúdos

Setembro 1, 2011 at 8:11 am Deixar un comentario


Categorías