Archive for Outubro, 2011

OBRADOIRO DE EMPREGO

O proxecto Ada Integra II en colaboración coa orientadora laboral do CIM, vai levar a cabo un obradoiro de emprego para tódalas mulleres que poidan estar interesadas en mellorar a súa integración no mundo laboral.

Este obradoiro vaise centrar en:
*Elaboración do cv
*Ferramentas de búsqueda de emprego
*Portais de emprego
*Bolsas de traballo
*Ferramentas para afrontar unha entrevista

Luns 28 de novembro de 9.30 a 13.30

ANÓTATE NO CIM

Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es

Outubro 27, 2011 at 8:41 am 1 comentario

Master Class de Flamenco no ADA


O Programa Ada Integra II, en colaboración cunha das súas participantes, Jaguit Dori, vai a poñer en marcha un “taller” ou “Master-class” adicada ao Flamenco.

A finalidade desta actividade é crear un espazo artístico de encontro socio-cultural entre diferentes mulleres, no que
Jaguit Dori, nos amose e presente por primeira vez unha nova actividade que quere poñer en marcha na nosa cidade.

O obradoiro está dirixido a todas as mulleres que lles apeteza achegarse ao baile andaluz e coñecer os ritmos do compás flamenco, sempre potenciando a nosa saúde integral e desde a perspsectiva de xénero.

A actividade desenvolvese o día 2 de novembro de 10,30 a 12,30.
O Obradoiro é gratuito, pero é necesario inscrición previa no 981 184356 ou proxectoada@gmail.com

Outubro 24, 2011 at 11:58 am 1 comentario

SEMANA DA CIENCIA!!!

Coñece a máxia da ciencia!!
O 9 de novembro ás 17.00 visitamos “A Casa dos peces” e a “Domus” e o sábado 12 ás 10.30 a “Casa das ciencias” onde tamén veremos unha proxección no planetario.
Podes vir acompañada dos teus fill@s!

INSCRIPCIÓN:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356

n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 17, 2011 at 12:31 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE: CASAS EMILIA PARDO BAZÁN E MARÍA PITA


Coñece a tua cidade visitando as casas de mulleres influintes como María Pita e Emilia Pardo Bazán. A ruta inclue un paseo pola cidade vella e unha paradiña para tomar un café.


A escritora galega é unha gran figura das letras, tanto como escritora como precursora e colaboradora de numerosas iniciativas en favor da cultura galega. Cabe destacar o seu espiritu independente e profeminista e entre as suas obras destacan Os Pazos de Ulloa e A Nai Natureza.

Así o pasamos de ben nas 2 visitas á Casa de Emilia Pardo Bazán e María Pita, colgamos algunhas fotiños!!!

María Mayor Fernández de Cámara e Pita ( Sigrás, 1565-1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo pirata Francis Drake.

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 10, 2011 at 8:21 am Deixar un comentario

CURSO DE INTERNET: BUSCA DE RECURSOS E REDES SOCIAIS

Continuamos coa 5ª edición do curso de internet para todas as mulleres que precisen iniciarse no ciberespazo. Esta nova convocatoria realizarase polas tardes en horario de 16.30-18.30 os días 8,10,15 e 17 de novembro.

Inscrición Gratuita ata o 2 de novembro en:
Programa Ada Integra II. CIM A Coruña. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com // n.dominguez@coruna.es

Outubro 10, 2011 at 7:30 am Deixar un comentario

¡OBRADOIRO DE RISA COMPARTIDA C@S FILL@S!

Queremos crear un espazo DIVERTIDO, no que as mulleres poidan compartir momentos de RISA e pasar un rato DIVERTIDO COAS/COS SÚAS/SEUS FILLAS/OS MAIORES DE 6 ANOS

DÍAS: martes 11,18 e 25 de outubro de 2011

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356 (preguntar por Natalia)
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 3, 2011 at 9:26 am Deixar un comentario

“COMEZA BEN A SEMANA!!” Obradoiro de Risa

Queremos comezar a semana con forza e dunha forma divertida, por iso poñemos en marcha un obradoiro de Risa para todas aquelas mulleres que queiran RIRSE, FACER RIR ÁS DEMAIS E PASAR UN RATO DIVERTIDO con todas nós.

Os días do obradoiro son os luns 10,17, 24 e 31 de outubro de 2011

HORARIO DE MAÑÁ: LUNS DE 10,30 A 12 H

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356(preguntar por Natalia)
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 3, 2011 at 8:48 am 1 comentario

Artigos máis antigos


Categorías