Xornadas Educación e Violencia de Xénero: Boas prácticas para a súa erradicación

Novembro 23, 2011 at 1:29 pm Deixar un comentario

Cartaz_91111[1]

O Programa Ada vai participar nas Xornadas Educación e Violencia de Xénero: Boas prácticas para a súa erradicación, que se celebrarán na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña o vindeiro mércores 30 de novembro.

As xornadas están organizadas polo grupo de Traballo en Igualdade Fiadeiras do Ceesg (Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia), que convida a todas as persoas interesadas a participar na xornada

A xornada será inaugurada ás 16:15 por Ana Iglesias Galdo da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e por Sofía Riveiro Olveira (Presidenta do Ceesg).

Ás 16:30 realizarase un espazo de “Conversas feministas contra a violencia de xénero” coa participación de Lola Ferreiro e Eva Moldes.

A “Mesa debate: Boas prácticas dende a educación na loita contra a violencia de xénero” dará comezo ás 18:30 e finalmente, como acto de peche, haberá a proxección dunha curtametraxe.

No caso de que queirades participar, e por cuestións relativas á organización e xestión de espazos, agradecemos que confirmedes a asistencia antes do luns 28 de novembro no seguinte enderezo electrónico: fiadeiras@ceesg.org, facendo constar o teu nome e apelidos; o teu perfil profesional e un mail de contacto.

Advertisements

Entry filed under: Uncategorized.

DECORA A NAVIDADE RUTAS POLA CIDADE III: CASA PICASSO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías


%d bloggers like this: