Archive for Decembro, 2011

Ven a FESTA FIN PROGRAMA ADA 2011!!!

O xoves, día 29 de decembro de 17 a 20 horas, no Centro de Información ás mulleres, o programa Ada vai a organizar unha FESTA FIN DE ADA 2011, na que queremos contar con TODAS as mulleres que participáchedes durante estes meses nas actividades de ADA cos/coas vosos/vosas fillos e fillas; así como outras mulleres que queiran pasar un rato divertido e lúdico con todas nós.

Ven acompañada das/os túas/teus fillas/os. Se te apetece, podes preparar algunha actividade para compartir con todas nós:
Un baile
unha canción
un conto do teu lugar, concello ou país de orixe

Contaremos cun espazo intercultural de encontro con comida, bebida, música, xogos infantís e tamén xogos para as adultas.


Non fai falla nada máis, sólo que veñas e , se queres, traias a alguén máis contigo e que te apuntes (INDICÁNDONOS CANTAS PERSOAS SODES, AS SÚAS IDADES) no seguinte teléfono ou mail.

CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com

https://proxectoada.wordpress.com/

Advertisements

Decembro 20, 2011 at 10:22 am Deixar un comentario

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE

cartaz SEXUALIDADE

OBXECTIVOS:

– Achegar, visibilizar e normalizar a sexualidade, fundamentalmente a sexualidade femenina rompendo mitos, tabúes e prexuizos establecidos, para favorecer o pracer, o autocoñecemento e a mellora da nosa vida sexual.

– Coñecer o mundo da sexualidade, desde o punto de vista emocional e afectivo.

– Crear un espazo educativo, lúdico e o máis distendido e divertido posible.

– Fomentar o coñecemento de hábitos de vida saudable: mellora da nosa autoestima.

– Reflexionar sobre a necesidade de descoitalizar e desxenitalizar as nosas prácticas sexuais.

CONTIDOS:

– A importancia do autocoñecemento.

– A necesidade de priorizar o noso pracer.

– Aprendendo a desxenitalizar e descoitalizar as nosas relacións sexuais: a importancia da nosa pel e do cerebro.

– Coidamos da nosa saúde sexual: lubricantes, bolas chicas, mooncup, dams, preservativo feminino.

DINAMIZA: Asesora de Los Placeres de Lola
PREVIA INSCRICIÓN: 981 1843 56 ou proxectoada@gmail.com

Decembro 15, 2011 at 1:36 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE III: CASA PICASSO

O día 15 de decembro ás 17.30 imos facer unha visita guiada á casa de Picasso, na que todas as mulleres interesadas poderán acudir.

Considerado un dos maiores artistas do século XX, Pablo Ruiz Picasso (1881-1973), participou dende a xénesis en moitos movementos artísticos que propagáronse polo mundo e exerceron unha gran influencia noutros grandes artistas do seu tempo. Incansable e prolífico, pintou mais de dous mil obras, presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo. Ademais, abordou outros xéneros como o debuxo, o grabado, a ilustración de libros, a escultura, a cerámica e o deseño de escenografía e vestiario para montaxes teatrais.

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Decembro 5, 2011 at 10:00 am Deixar un comentario


Categorías