Posts filed under ‘Actividades ADA’

RUTAS POLA CIDADE III: CASA PICASSO

O día 15 de decembro ás 17.30 imos facer unha visita guiada á casa de Picasso, na que todas as mulleres interesadas poderán acudir.

Considerado un dos maiores artistas do século XX, Pablo Ruiz Picasso (1881-1973), participou dende a xénesis en moitos movementos artísticos que propagáronse polo mundo e exerceron unha gran influencia noutros grandes artistas do seu tempo. Incansable e prolífico, pintou mais de dous mil obras, presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo. Ademais, abordou outros xéneros como o debuxo, o grabado, a ilustración de libros, a escultura, a cerámica e o deseño de escenografía e vestiario para montaxes teatrais.

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Advertisements

Decembro 5, 2011 at 10:00 am Deixar un comentario

DECORA A NAVIDADE

Dende o Proxecto Ada Integra II imos levar a cabo un obradoiro de decoración navideña para todos @s nen@s que queiran facer adornos para a árbore navideña.
Invitamos a todos os que lles apeteza e que teñan entre 4 e 10 anos, a vir o día 22 de decembro a partir das 17.30.

Apúntaos no CIM
Hortensias s/n
981184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Novembro 17, 2011 at 9:35 am Deixar un comentario

CONTACONTOS

Ven a coñecer un mundo de fantasía no noso contacontos do xoves 1 de decembro ás 18.00. Se tes entre 3 e 12 anos comparte con nos a tarde!!!

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Novembro 7, 2011 at 1:00 pm Deixar un comentario

Master Class de Flamenco no ADA


O Programa Ada Integra II, en colaboración cunha das súas participantes, Jaguit Dori, vai a poñer en marcha un “taller” ou “Master-class” adicada ao Flamenco.

A finalidade desta actividade é crear un espazo artístico de encontro socio-cultural entre diferentes mulleres, no que
Jaguit Dori, nos amose e presente por primeira vez unha nova actividade que quere poñer en marcha na nosa cidade.

O obradoiro está dirixido a todas as mulleres que lles apeteza achegarse ao baile andaluz e coñecer os ritmos do compás flamenco, sempre potenciando a nosa saúde integral e desde a perspsectiva de xénero.

A actividade desenvolvese o día 2 de novembro de 10,30 a 12,30.
O Obradoiro é gratuito, pero é necesario inscrición previa no 981 184356 ou proxectoada@gmail.com

Outubro 24, 2011 at 11:58 am 1 comentario

SEMANA DA CIENCIA!!!

Coñece a máxia da ciencia!!
O 9 de novembro ás 17.00 visitamos “A Casa dos peces” e a “Domus” e o sábado 12 ás 10.30 a “Casa das ciencias” onde tamén veremos unha proxección no planetario.
Podes vir acompañada dos teus fill@s!

INSCRIPCIÓN:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356

n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 17, 2011 at 12:31 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE: CASAS EMILIA PARDO BAZÁN E MARÍA PITA


Coñece a tua cidade visitando as casas de mulleres influintes como María Pita e Emilia Pardo Bazán. A ruta inclue un paseo pola cidade vella e unha paradiña para tomar un café.


A escritora galega é unha gran figura das letras, tanto como escritora como precursora e colaboradora de numerosas iniciativas en favor da cultura galega. Cabe destacar o seu espiritu independente e profeminista e entre as suas obras destacan Os Pazos de Ulloa e A Nai Natureza.

Así o pasamos de ben nas 2 visitas á Casa de Emilia Pardo Bazán e María Pita, colgamos algunhas fotiños!!!

María Mayor Fernández de Cámara e Pita ( Sigrás, 1565-1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo pirata Francis Drake.

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 10, 2011 at 8:21 am Deixar un comentario

¡OBRADOIRO DE RISA COMPARTIDA C@S FILL@S!

Queremos crear un espazo DIVERTIDO, no que as mulleres poidan compartir momentos de RISA e pasar un rato DIVERTIDO COAS/COS SÚAS/SEUS FILLAS/OS MAIORES DE 6 ANOS

DÍAS: martes 11,18 e 25 de outubro de 2011

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356 (preguntar por Natalia)
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 3, 2011 at 9:26 am Deixar un comentario

Artigos máis antigos