Posts filed under ‘Eventos’

Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”

ACSUR LAS SEGOVIAS organiza, en colaboración co Programa Ada Integra, un Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”.

Día 16 de novembro, mércores
Ás 17-19 horas no CIM.
Actividade gratuíta e aberta a todo o público

cartaz economia social

Obxectivo: quérese concienciar as persoas consumidoras, sobre o seu papel como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer as distintas prácticas de consumo que buscan promover o desenvolvemento das sociedades de xeito mais xusto e equilibrado.

O proxecto, na sua primeira parte, consistiu na elaboración participativa de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas no noso territorio. A segunda parte deste proxecto consiste en levar adiante unha campaña educativa sobre alternativas da economía solidaria a través da difusión destas curtas en vídeo-forums.

O video-forum presenta dúas curtas :”Minar” e “Sempre foron cinco”
“Minar” (12 minutos) Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.
http://vimeo.com/23308600

“Sempre foron cinco” (15 minutos) Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

Calquera persoa interesada en participar ten que chamar ou pasar polo CIM e preguntar por Natalia. 981 184 356
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Novembro 8, 2011 at 1:09 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE: CASAS EMILIA PARDO BAZÁN E MARÍA PITA


Coñece a tua cidade visitando as casas de mulleres influintes como María Pita e Emilia Pardo Bazán. A ruta inclue un paseo pola cidade vella e unha paradiña para tomar un café.


A escritora galega é unha gran figura das letras, tanto como escritora como precursora e colaboradora de numerosas iniciativas en favor da cultura galega. Cabe destacar o seu espiritu independente e profeminista e entre as suas obras destacan Os Pazos de Ulloa e A Nai Natureza.

Así o pasamos de ben nas 2 visitas á Casa de Emilia Pardo Bazán e María Pita, colgamos algunhas fotiños!!!

María Mayor Fernández de Cámara e Pita ( Sigrás, 1565-1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo pirata Francis Drake.

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 10, 2011 at 8:21 am Deixar un comentario

Fotiños da festa de despedida do proxecto ADA 2010 (voltaremos…)

Aquí tedes algunhas fotiños da festa que fixemos o pasado 22 de decembro para despedir o ano e o proxecto… más só é un deicalogo… voltaremos…

Preme na foto para ver mais:

Pasámolo moi ben na festa e nas actividades deste ano, sodes todas marabillosas, querémosvos!!

Decembro 29, 2010 at 11:15 am Deixar un comentario

ADA mediatica!!!

Un día antes da nosa FESTA DE BENVIDA ás ADAS saimos en diferentes medios de comunicación:

http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/6233-b-noticia

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/08/27/centro-mujer-celebra-fiesta-programa-inmigrantes/414353.html

Tamén en La voz de Galicia nun pequeniño artigo.

CARTAZ FESTA

BICOS

Agosto 27, 2010 at 11:33 am Deixar un comentario

FESTA DE BENVIDA!!!!

Todas as ADAS estamos convidadas á FESTA DE BENVIDA, que terá lugar o sábado 28 de agosto no Centro Municipal da Muller, a partir das 13 horas.

Se queres vir á Festa, é necesario que nos avises con antelación, así como das persoas que veñen acompañándote, chamando ao teléfono 981 18 43 56.

Só tes que traer un prato gastronómico típico do teu país: arepas, ceviche, arroz, boniatos, empanada, quesadillas, ensaladas, couscous, tortillas, doce de leite, cake…

Pasaremos unha tarde divertida con música, animación e xogos para as nenas e nenos, actuacións, e moitas sorpresas máis.

CONTAMOS CONTIGO! QUEREMOS COMPARTIR CONTIGO O NOSO ESPAZO ADA!!

Agosto 6, 2010 at 6:49 am Deixar un comentario

ADA participa en unas jornadas sobre interculturalidad de la Universidad de A Coruña

Jornadas de Interculturaliad en la Universidad de a Coruña

Jornadas de Interculturaliad en la Universidad de a Coruña


Nos invitaron a participar en la mesa redonda “La interculturalidad trabajada desde las instituciones y las asociaciones de inmigrantes – Experiencias en la ciudad de A Coruña”, en el marco de las VI Jornadas de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidad en el Campus de Elviña, organizadas por la Oficina Cooperación y Voluntariado de la Universidad de A Coruña.

Las Jornadas de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidad se han caracterizado por ser eminentemente participativas. A través de talleres prácticos se presentaron distintas visiones de inmigración e interculturalidad.

En una mesa redonda presentamos el espacio de participación intercultural femenino ADA como un espacio propio para el bienestar físico, social y mental. Explicamos las razones y los objetivos del programa, las diferentes fases del proyecto y las actividades echas.

En la mesa también participaron Natalia Pérez de la Asociación AMESPA (Amigos en España – Asociación Latino Eslava) y Papa Diop Diop de la Asociación ASESER-TERANGA, asociación de Inmigrantes Senegaleses residentes en A Coruña). Las dos son asociaciones de personas migrantes y presentaron sus proyectos y actividades dirigidas al acercamiento entre culturas diferentes, como el festival folclórico que AMESPA organiza anualmente, los talleres de interculturalidad y lengua, actividades para la integración de la inmigración como los talleres de cultura y idioma gallego.
Ambas las asociaciones necesitan la ayuda de voluntarios para desarrollar sus actividades.
Contactos:
AMESPA (Amigos en España – Asociación Latino Eslava)
C/ Mariana Pineda, 6- 4º. Telf: 881912349
miripheng@yahoo.es amespamigos@hotmail.com

Asociación ASESER-TERANGA
C/ Jorge Barrow 5 Bajo Telf: 981016283

Al día siguiente en el taller de Nora Al Amradi, mediadora intercultural del Concello de Arteixo, a través de una dinámica de grupo trabajamos los estereotipos culturales, en particular los que se le ocurren a un empresario en el momento de elegir quien emplear para diferentes tareas
En la Charla-taller “Interculturalidad y mediación: el papel de los antropólogos en las dinámicas de inmigración” con María Jesús Pena Castro, profesora de Antropología Social de la Universidad de Salamanca, reflexionamos sobre el trabajo de los antropólogos, y de la importancia de tener en cuenta las diferencias culturales en as medidas sobre política de inmigración, aunque no siempre se haga. Por ejemplo las políticas de reagrupación familiar en España tienen en cuenta un modelo de familia occidental (marido, mujer y sus hijos), mientras en muchos países de la África Subsahariana el papel del padre lo juega el hermano de la madre.
También reflexionamos sobre los marcadores culturales que generan conflicto, como la religión, el género, la edad, así como de los códigos culturales, y de como estos se redefinen y renegocian constantemente.

En la Charla-taller “Mujer, inmigración y salud – sentirse bien es igual a integrarse bien”, Ana Bellocchio, directora del área de inmigrantes y responsable del área de salud de la Federación de Mujeres Progresistas nos habló de como el proceso migratorio produce efectos en la salud de las personas (física y mental), y en la salud de la sociedad.
Con Ana Bellocchio también se habló de género y migración, precisamente de las actuales situaciones de la migración femenina en el mundo, y de las familias transnacionales.

Decembro 5, 2008 at 10:03 am Deixar un comentario

25 de Novembro

Novembro 25, 2008 at 6:21 pm Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías