Posts filed under ‘Novas Tecnoloxías’

INTERNET: BUSCA DE RECURSOS E REDES SOCIAIS “Rompendo a brecha dixital de xénero”


Ponse en marcha o terceiro Curso de INTERNET: BUSCA DE RECURSOS E REDES SOCIAIS para todas aquelas mulleres con niveis baixos de internet que desexen aprender a navegar e a facer trámites e xestións on-line: pedir citas médicas, solicitar o Informe vida laboral, billetes de avión, cita renovación DNI ou pasaporte, cita renovación autorización de extranxería, entradas cine e teatro, Portais de busca de emprego; Cursos de Formación on-line, Comunicación con familiares. Mensaxería: Skype, Redes sociais: Facebook…

Duración: 8 horas
Días 11, 13, 18 e 20 outubro 2011
Martes e xoves de 10,30 a 12,30 h

Inscrición Gratuita ata o 10 de outubro en:

Programa Ada Integra II. CIM A Coruña. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es

Outubro 3, 2011 at 8:36 am 1 comentario

XA ESTÁ ABERTA A AULA DE INFORMÁTICA DO CIM!

PARA QUE PODES USALA?
•Xestións e trámites on-line
•Busca de recursos
•Formación on-line
•Busca de emprego
•Pedir citas médicas
•Comunicación con familiares
•Redes sociais

HORARIO: de luns a venres de 10 a 13 horas e os mércores pola tarde de 17 a 18,30 horas.

ONDE ESTÁ O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES (CIM)?
Barrio das Flores. Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com

Setembro 12, 2011 at 8:46 am Deixar un comentario

Xa está dispoñible a GUÍA DE RECURSOS ON-LINE

Esta “Guía de recursos on-line” contén información especializada sobre dereitos, trámites, xestións e recursos de interese que podemos atopar a través de Internet.

Está dirixida principalmente á poboación inmigrante, pero pode convertirse nunha ferramenta áxil de traballo para o persoal técnico das entidades públicas e privadas que traballan no ámbito da interculturalidade ou con persoas migrantes.

Podes consultala premendo sobre a imaxe:

Decembro 22, 2010 at 9:55 am Deixar un comentario

CURSOS EN NOVAS TÉCNOLOXÍAS

Hoxe comezamos de novo cos cursos en NOVAS TÉCNOLOXÍAS que temos programados ata decembro de 2010:

2 cursos de informática básica (20 h)
2 cursos de Internet (15 h)
2 cursos de Ofimática (30 h)

Se estás interesada en profundizar un pouco máis nas redes de INTERNET, todavía quedan prazas para os 2 cursos que se van a organizar, as datas e os horarios son os seguintes:

DENOMINACIÓN DO CURSO: Curso de INTERNET
HORAS: 15 horas
DATAS: Do 14 ao 30 de setembro
HORARIOS: martes e xoves de mañá ou de tarde:
Horario de mañán: de 10 a 12,30 horas
Horario de tarde: de 16,30 a 19 horas

LUGAR: Centro de Información á Muller 981 18 43 56

ANÓTATE AINDA ESTÁS A TEMPO!!!!

Setembro 6, 2010 at 9:43 am Deixar un comentario

Rematamos o obradoiro de Ofimática

Espazo ADA. Obradoiro de ofimática

Espazo ADA. Obradoiro de ofimática

O luns pasado rematamos o obradoiro de ofimático no que participamos dende septembro. 20 mulleres participamos nalgún dos dous niveis deste obradoiro, o nivel básico e o intermedio. Foron 35 horas de traballo en cada nivel, nas que algunhas nos relacionamos por vez primeira cun ordenador, outras perfeccionamos os nosos coñecementos.
Os obradorios tiveron diferentes contidos segundo o nivel. Alfabetización básica en informática, aprendendo os compoñentes do ordenador, a administración dos arquivos, as ferramentas básicas do windows, e o uso do Word nun nivel básico. Outras, que xa tiñan coñecementos previos, traballaron no perfeccionamento deste programa e no uso do Excell e do Power Point.
Estamos a seguir cos obradorios de Internet tódolos mércores á tarde, e ahí estaremos ata que chegue o Nadal. Tamén seguimos co espazo de “aula aberta” no que cada unha pode facer uso dos equipos informáticos para o que precise contando có apoio da monitora. Asi que…, seguimos “enredándonos”.

Grazas a Mila e a Sandra pola vosa dedicación como monitoras do obradoiro de ofimática, polo apoio cando nos desesperábamos, grazas pola paciencia, por acompañarnos nesta viaxe, na que de seguro, chegaremos aínda máis lonxe.

Decembro 5, 2008 at 9:27 am Deixar un comentario

ADA viajó a León invitada por la asociación Isadora Duncan

La organización Isadora Duncán de León organizó el día 4 de noviembre las jornadas “Mujer, Inmigración y Nuevas Tecnologías” con el objetivo dar a conocer la realidad de las mujeres ante el reto de una sociedad cada vez más tecnológica, prestando especial atención al papel de la mujer inmigrante ante la Brecha Digital.
El Proxecto ADA fue invitado para relatar su experiencia en la promoción y formación de mujeres inmigrantes en nuevas tecnlogías. Allí estuvo la Concejala de Igualdad y Participación Ciudadana, Margarida Vázquez, para contar que andamos haciendo en ADA sobre este tema. Habló del por qué y para qué de este espacio intercultural, de nuestros talleres de informática, de internet, y de esas otras cosas tan importantes que se comparten en este espacio. Compartió mesa con otras experiencias como las de las mujeres de la asociación AMAL en Andalucía. Por la tarde, entre otras intervenciones, estuvo la de la representante de la Red Nosotras en el Mundo, que tanto nos gusta y que recomendamos.
Gracias Isadora Duncan

Ver Blog Isadora Duncan
Ver programa jornada
Ver web Nosotras en el Mundo

Novembro 18, 2008 at 7:43 pm Deixar un comentario


Categorías