Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”

ACSUR LAS SEGOVIAS organiza, en colaboración co Programa Ada Integra, un Vídeo-forum dentro da Campaña “UNHA ECONOMÍA PARA O DESENVOLVEMENTO”.

Día 16 de novembro, mércores
Ás 17-19 horas no CIM.
Actividade gratuíta e aberta a todo o público

cartaz economia social

Obxectivo: quérese concienciar as persoas consumidoras, sobre o seu papel como axentes de desenvolvemento, dándolles a coñecer as distintas prácticas de consumo que buscan promover o desenvolvemento das sociedades de xeito mais xusto e equilibrado.

O proxecto, na sua primeira parte, consistiu na elaboración participativa de dúas curtas documentais sobre economías solidarias, experiencias e boas prácticas no noso territorio. A segunda parte deste proxecto consiste en levar adiante unha campaña educativa sobre alternativas da economía solidaria a través da difusión destas curtas en vídeo-forums.

O video-forum presenta dúas curtas :”Minar” e “Sempre foron cinco”
“Minar” (12 minutos) Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, …). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.
http://vimeo.com/23308600

“Sempre foron cinco” (15 minutos) Fantástica homenaxe ás avóas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

Calquera persoa interesada en participar ten que chamar ou pasar polo CIM e preguntar por Natalia. 981 184 356
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Novembro 8, 2011 at 1:09 pm Deixar un comentario

CONTACONTOS

Ven a coñecer un mundo de fantasía no noso contacontos do xoves 1 de decembro ás 18.00. Se tes entre 3 e 12 anos comparte con nos a tarde!!!

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Novembro 7, 2011 at 1:00 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE II: CASA DE SANTIAGO CASARES QUIROGA

Seguimos coñecendo a nosa cidade cunha visita á casa de Santiago Casares Quiroga o 30 de novembro ás 18.00.

Santiago Casares Quiroga ( A Coruña , 1884- París, 1950) foi un político galeguista e avogado. Chegou a ser presidente do XX Governo da República. No 1931 formou parte do primer gabinete republicano y convertiuse en ministro da governación. Foi o máximo líder galego, elexido diputado a Cortes pola Coruña e encargouse de fusionar a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) coa Esquerda Republicana de Manuel Azaña. Ó rematar a Guerra Civil exiliouse a Francia, onde permaneceu o resto da sua vida.

APÚNTATE NO CIM
Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es
d.sanchez@coruna.es

Novembro 3, 2011 at 12:25 pm Deixar un comentario

OBRADOIRO DE EMPREGO

O proxecto Ada Integra II en colaboración coa orientadora laboral do CIM, vai levar a cabo un obradoiro de emprego para tódalas mulleres que poidan estar interesadas en mellorar a súa integración no mundo laboral.

Este obradoiro vaise centrar en:
*Elaboración do cv
*Ferramentas de búsqueda de emprego
*Portais de emprego
*Bolsas de traballo
*Ferramentas para afrontar unha entrevista

Luns 28 de novembro de 9.30 a 13.30

ANÓTATE NO CIM

Programa Ada Integra II
Hortensias, s/n
981 184356
proxectoada@gmail.com
n.dominguez@coruna.es

Outubro 27, 2011 at 8:41 am 1 comentario

Master Class de Flamenco no ADA


O Programa Ada Integra II, en colaboración cunha das súas participantes, Jaguit Dori, vai a poñer en marcha un “taller” ou “Master-class” adicada ao Flamenco.

A finalidade desta actividade é crear un espazo artístico de encontro socio-cultural entre diferentes mulleres, no que
Jaguit Dori, nos amose e presente por primeira vez unha nova actividade que quere poñer en marcha na nosa cidade.

O obradoiro está dirixido a todas as mulleres que lles apeteza achegarse ao baile andaluz e coñecer os ritmos do compás flamenco, sempre potenciando a nosa saúde integral e desde a perspsectiva de xénero.

A actividade desenvolvese o día 2 de novembro de 10,30 a 12,30.
O Obradoiro é gratuito, pero é necesario inscrición previa no 981 184356 ou proxectoada@gmail.com

Outubro 24, 2011 at 11:58 am 1 comentario

SEMANA DA CIENCIA!!!

Coñece a máxia da ciencia!!
O 9 de novembro ás 17.00 visitamos “A Casa dos peces” e a “Domus” e o sábado 12 ás 10.30 a “Casa das ciencias” onde tamén veremos unha proxección no planetario.
Podes vir acompañada dos teus fill@s!

INSCRIPCIÓN:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356

n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 17, 2011 at 12:31 pm Deixar un comentario

RUTAS POLA CIDADE: CASAS EMILIA PARDO BAZÁN E MARÍA PITA


Coñece a tua cidade visitando as casas de mulleres influintes como María Pita e Emilia Pardo Bazán. A ruta inclue un paseo pola cidade vella e unha paradiña para tomar un café.


A escritora galega é unha gran figura das letras, tanto como escritora como precursora e colaboradora de numerosas iniciativas en favor da cultura galega. Cabe destacar o seu espiritu independente e profeminista e entre as suas obras destacan Os Pazos de Ulloa e A Nai Natureza.

Así o pasamos de ben nas 2 visitas á Casa de Emilia Pardo Bazán e María Pita, colgamos algunhas fotiños!!!

María Mayor Fernández de Cámara e Pita ( Sigrás, 1565-1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo pirata Francis Drake.

Inscrición:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES
(ZONA MONELOS. RÚA HORTENSIAS, S/N)
981 184 356
n.dominguez@coruna.es
proxectoada@gmail.com
https://proxectoada.wordpress.com/

Outubro 10, 2011 at 8:21 am Deixar un comentario

Artigos máis antigos Artigos máis recentes