OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Xullo 28, 2010 at 8:58 am Deixar un comentario

Os días 31 de agosto e 2, 7 e 9 de setembro, dentro do Espazo Ada Integra, organizamos un OBRADOIRO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO.

O Obradoiro vai dirixido a todas aquelas mulleres que estades a buscar traballo e vos interesa coñecer ferramentas, habilidades, estratexias, recursos necesarios para ter éxito nesa busca, así como compartir experiencias e coñecementos con outras mulleres que tamén están a realizar ese traballo de buscar traballo.

DÍAS: 31 DE AGOSTO, 2, 7 E 9 DE SETEMBRO.

HORARIOS: martes e xoves de 9,30 a 12,30.

LUGAR: CENTRO MUNICIPAL DA MULLER (Zona Monelos)

Podedes facer a inscrición, ata o 27 de agosto no propio Centro Municipal da Muller (Rúa Hortensias, s/n) ou no teléfono 981 18 43 56.

Entry filed under: Formación.

Clases de KUNDALINI IOGA ESTAMOS INFORMATIZADAS!

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías